PLENO

O BNG proporá no Pleno que o aeroporto de Lavacolla-Rosalía de Castro lembre cunha placa os presos políticos que alí traballaron

O lugar foi un dos nove campos de concentración que o franquismo instalou en Galiza e acolleu entre 2.000 e 3.000 persoas represaliadas

O BNG proporá no Pleno que o aeroporto de Lavacolla-Rosalía de Castro lembre cunha placa os presos políticos que alí traballaron

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2017.- O grupo municipal do BNG defenderá no Pleno unha iniciativa para que o Concello de Santiago realice as xestións necesarias para a instalación dunha placa en lembranza de presos políticos que participaron na construción do aeroporto de Lavacolla, agora denominado Rosalía de Castro, para contribuír coa memoria histórica.

Lavacolla acolleu entre 2.000 e 3.000 presos políticos obrigados a participaren na construción dunha escola de aviación e do futuro aeroporto, no que foi un dos nove campos de concentración que o réxime franquista instalou en Galiza logo da Guerra civil española, recolle o texto da proposta do BNG.

En 2006 instalouse no campo da festa da parroquia de Lavacolla un monólito para recordar este feito, mais no propio aeroporto cómpre tamén exhibir unha placa para contribuír a recuperar a memoria histórica das persoas que foron represaliadas na ditadura, reclama a iniciativa.

O BNG proporá no Pleno que o aeroporto de Lavacolla-Rosalía de Castro lembre cunha placa os presos políticos que alí traballaron