PLENO

Resumo das iniciativas do BNG no Pleno de novembro de 2017

Aceptouse a proposta do BNG para mellorar a accesibilidade no Teatro Principal, que limita o número de persoas espectadoras en cadeira de rodas

Resumo das iniciativas do BNG no Pleno de novembro de 2017

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2017.- O grupo municipal do BNG trasladou ao Pleno unha moción para que a empresa adxudicataria dos comedores escolares asuma o servizo de atención e coidado do alumnado con necesidades de apoio especiais. Segundo defendeu Rubén Cela, isto supón un beneficio industrial indebido para a empresa adxudicataria que usa persoal da Xunta para estas funcións de coidado de alumnado con necesidades especiais. A moción foi rexeitada cos votos de CA e PSOE.

O BNG requiriu no Pleno, a petición da Plataforma de Afectados/as polo vertedoiro de Miramontes, que se repuxese o sinal de limitación de paso a vehículos con tonelaxe superior a 5,5 toneladas, que desapareceu dos accesos a este depósito de residuos. O Goberno local comprometeuse a instalalo.

Outra das iniciativas foi destinada a que o Concello manteña en boas condicións as propiedades municipais para evitar a proliferación de vexetación que medra cando non se efectúan os procesos de rozado coa frecuencia adecuada, como no caso dunha leira situada a carón do Conservatorio Profesional de Música. O Goberno local asegurou que procederá a limpar a parcela.

Tamén se aceptou a proposta do BNG para mellorar a accesibilidade no Teatro Principal, que limita o número de persoas espectadoras en cadeira de rodas. Outro rogo foi para pór en marcha o Plan para evitar asolagamentos, aprobado en 2015, e para incluír novas zonas determinadas como puntos negros por risco de inundacións.

No apartado de preguntas orais, unha foi destinada a axilizar os trámites para a musealización de Monicreques de Kukas e outra para saber cando se vai licitar a Escola Municipal de Música.

Resumo das iniciativas do BNG no Pleno de novembro de 2017