Reunión na ONCE
10 abr. 2015 - 15:24
O candidato do BNG-Asembleas Abertas, Rubén Cela, acompañado de Jonatan Barral (independente e nº 16 na lista do BNG), visitaron as instalacións da ONCE, onde mantiveron unha xuntanza con Arturo Parrado, director desta axencia en Santiago de Compostela para contrastar propostas sobre accesibilidade e integración laboral das persoas con dificultades visuais para incluílas no programa de goberno.