FOMENTO

Rubén Cela cuestiona a “visita propagandística” do ministro de Fomento a Santiago de Compostela

“Veu iniciar a obra menos urxente das comprometidas que precisa a veciñanza”, afirma o portavoz municipal do BNG

Rubén Cela cuestiona a “visita propagandística” do ministro de Fomento a Santiago de Compostela

Santiago de Compostela, 18 de abril de 2018.- O portavoz do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, cuestionou a “visita propagandística” do ministro de Fomento, Íñigo de la Serna, e do presidente da Xunta, Núñez Feixóo, para participaren nun acto de inicio de obras para conectar a AP-9 coa Cidade da Cultura, cando é a actuación “menos urxente das comprometidas por Fomento que precisa a veciñanza de Santiago de Compostela” e non se trata de “obras rematadas, senón do seu comezo”.

 

Se ben é certo que esta nova conexión da autoestrada dará servizo ao barrio das Fontiñas, dixo, son moito máis prioritarios os investimentos nas obras de humanización da rotonda de Conxo; as medidas de seguranza viaria no Eixo e na Sionlla, na recta de Finsa; o plan de usos para recuperar a vella terminal de Lavacolla; a estación de mercadorías da Sionlla; e o enlace orbital, entre outras. Son actuacións comprometidas por parte de Fomento que, ano tras ano, non se chegan a executar pese á “necesidade e urxencia coas que deberan ser realizadas”.

Rubén Cela cuestiona a “visita propagandística” do ministro de Fomento a Santiago de Compostela