PLENO

O BNG propón que se amplíe o horario de autobús urbano durante as festas das Ascensión

Co fomento do transporte público pretende incrementar seguranza viaria e reducir problemas de aparcamento

O BNG propón que se amplíe o horario de autobús urbano durante as festas das Ascensión

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2018.- O grupo municipal do BNG traslada ao Pleno unha iniciativa para que o Concello de Santiago de Compostela amplíe o horario dos autobuses urbanos durante as festas da Ascensión, co fin de gañar seguranza viaria e reducir os problemas de aparcamento.

 

De acordo cunha demanda que lle trasladou a Asociación de Hostalaría Compostela, o BNG defenderá no Pleno de abril un rogo para que nos días de maior afluencia de veciñas e veciños ao centro da cidade se adecúen os horarios do transporte público para evitar risco de accidentes e contribuír a mellorar a mobilidade ante a escaseza de zonas de estacionamento.

O BNG propón que se amplíe o horario de autobús urbano durante as festas das Ascensión