ELECCIÓNS

Sabela Mouriz

0022sabela-1024x768
Sabela Mouriz

Sabela Mouriz vai no número 22 da candidatura do BNG ás eleccións municipais

Sabela Mouriz

Son Sabela Mouriz Barja, chairega de nacemento. A infancia e primeira xuventude estivo ligada a Lugo. A finais dos 70 tiven o primeiro contacto co feminismo no Grupo de Mulleres de Lugo. Por razóns académicas trasládome a Compostela (son licenciada en Filoloxía), onde no ano 81 dentro da corrente do Feminismo Independente participei na fundación da primeira revista feminista galega A Saia, que derivou no 83 na revista A Festa da Palabra Silenciada (publicación das Feministas Independentes Galegas).

Son veciña feliz de Compostela (Barrio de San Pedro) dende hai 34 anos nos que me adiquei, en distintos lugares, ao Ensino Secundario, os últimos 18 en Boimorto.

Se alguén me preguntase cales foron as paixóns da miña traxectoria vital diría sen lugar a dúbidas as seguintes: a miña filla Mar, o ensino que vivín con entusiasmo, tentando sempre transmitir ao alumnado a miña devoción pola lingua e a cultura galega e, en definitiva, o feminismo como un xeito de gozar a vida ata hoxe mesmo. Por iso estou hoxe aquí nesta andaina, tan necesaria para o país, con todas e todos vós.

Sabela Mouriz