FEMINISMO
O BNG anuncia que seguirá a reclamar o Xulgado de violencia de xénero en Santiago de Compostela
Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2021.- A portavoz municipal do BNG, Goretti Sanmartín, anunciou que o BNG seguirá a reclamar o Xulgado de Violencia de xénero para Santiago de Compostela, ao fío da información de que a Comisión mixta de Xustiza, en que participan a Xunta e o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG), non trasladou ao Ministerio de Xustiza esta petición.
“Como BNG querémonos sumar ás voces que demandan con carácter inmediato a creación do Xulgado de Violencia de xénero en Compostela”, sinalou.
De feito, o BNG xa solicitou a creación deste Xulgado de Violencia de xénero, tanto en Santiago de Compostela como noutras cidades do país, no acordo de investidura co PSOE e, con posterioridade e vendo que iso non se facía efectivo, presentou unha emenda nos Orzamentos Xerais do Estado para 2021 que foi votada en contra polo PSOE e por Podemos.
Así, Goretti Sanmartín anunciou que o BNG vai seguir a reclamar a dotación desa entidade xudicial en Santiago de Compostela.