MÁRTIRES DE CARRAL
Acto público en lembranza dos Mártires de Carral
Compostela foi un dos escenarios clave da Revolución Galega de 1846
Santiago de Compostela, 23 de abril de 2018.- O BNG organiza un acto público este martes 24 de abril ás 18:00 horas na praza da Inmaculada, fronte ao mosteiro de San Martiño Pinario, para conmemorar a Revolución Galega de 1846 e os feitos históricos e de reivindicación política que vinculan Santiago de Compostela cos Mártires de Carral. Ademais das intervencións de Rubén Cela e de Goretti Sanmartín Rei, no acto actuarán Os Enxebres de San Lázaro.
Santiago de Compostela foi un dos escenarios clave da Revolución Galega de 1846 posto que nesta cidade se reuniu a Xunta Superior do Goberno de Galiza que publicou a proclama elaborada por Antolín Faraldo contra o sistema tributario, recorte de dereitos e centralización administrativa impulsada por Ramón María Narváez.
Máis de 2.000 persoas resistiron no mosteiro de San Martiño Pinario, onde levaron tamén o arcebispo Rafael Vélez. Entre eles estaban 300 estudantes e voluntariado civil. Miguel Solís solicitou un armisticio mediante o arcebispo que foi rexeitado polo bando español. Os revolucionarios entregaron as armas; uns marcharon a Portugal e Solís foi apreixado nas escaleiras de San Martiño Pinario xunto con 60 oficiais, que serán xulgados por un tribunal militar e fusilados para aplacar a poboación disposta a continuar coa rebelión pola liberación do país. Convértense así nos Mártires de Carral.