Aprobada por unanimidade a candidatura nacionalista BNG-Asembleas Abertas liderada por Rubén Cela
A lista destaca pola pluralidade, renovación, cohesión, honestidade e compromiso coa cidade e co país das persoas que a conforman
Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2015.- BNG - Asembleas Abertas aprobaron nun acto aberto ao público a candidatura encabezada por Rubén Cela coa que concorrerán ás eleccións municipais de maio de 2015 para vertebrar Santiago de Compostela cunha idea de país.
Logo dun proceso de asembleas abertas en que se propuxeron nomes e perfís para conformar a listaxe nacionalista de Santiago de Compostela, aprobouse un primeiro tramo conformado por Rubén Cela, Goretti Sanmartín, Rafael Vilar, Concha de la Fuente (independente), Lois Calvelo, Pilar Lueiro, Odilo González, Marta Domínguez, Lois Mouriño (i), Lucía Carreira, Salvador Martí (i), Manuel Domínguez e Margarita Ledo (i).
No seguinte tramo van Francisco Xabier Baldomir (independente), Tania González, Jonatan Barral (i), Lorena Tarrío, Fernando García Tobío (i), Belén Varela (i), Gabriel López, Isabelle Kerdudo, Jakson René Rodrigues, Sabela Mouriz (i), Xosé Manuel Casaleiro e Elvira Cienfuegos.
A raíz deste proceso Construíndo futuro, incorporáronse máis persoas non militantes do BNG a esta candidatura baixo a garantía de diálogo, transparencia e cohesión, para vertebrar a cidade cunha idea de país.
Nesta asemblea, ademais de aprobar a candidatura, expuxéronse os métodos para participar na elaboración do programa electoral e debatéronse temas de actualidade local. Ademais, anunciouse que a campaña será de proximidade, coa estratexia dos Cafés para 5 onde os candidatos e candidatas conversarán de xeito constante con pequenos grupos de persoas para intercambiar ideas sobre o futuro da cidade de Santiago de Compostela.