PLENO

Apróbase a iniciativa do BNG para mellorar os espazos públicos do Avío, a Torreira e o Romaño

pazo de Raxoi
pazo de Raxoi

Sae adiante a proposición para instalar códigos QR e NaviLens para mellorar a sinalética e a información do rueiro compostelán

Apróbase a iniciativa do BNG para mellorar os espazos públicos do Avío, a Torreira e o Romaño

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2022.- O BNG conseguiu aprobar unha proposición para mellorar os espazos públicos no barrio do Avío, a Torreira e o Romaño os distintos puntos que precisan labores de mantemento, de seguranza viaria e de ordenación do tráfico por parte do Goberno local. Goretti Sanmartín lembrou que o BNG conseguiu incluír na negociación dos remanentes de tesouraría unha partida para facer un parque infantil na parcela do centro sociocultural do Romaño, concibido como un complemento á oferta de lecer e de lugar de encontro interxeracional neste barrio.

Ademais, tamén propuxo incluír na oferta do programa xeral dos centros socioculturais máis actividades e máis adecuadas para o lecer e a saúde das persoas maiores. O terceiro punto da iniciativa foi destinado a que o Goberno local realice as xestións necesarias para, en colaboración con outras administracións, darlle continuidade á reurbanización da travesía provincial do ámbito do Avío-Torreira-Romaño. Aprobouse cos votos do BNG, CA e PP e a abstención do PSOE.

A outra proposición aprobada do BNG foi para instalar códigos QR e NaviLens, ou coa tecnoloxía que se considere oportuna, para mellorar a sinalética e ofrecer información sobre o nomenclátor das rúas e roteiros destacados. Reclamou tamén que todas as rúas estean identificadas, con placas en todos os cruzamentos, e a mantelas en bo estado. Aprobouse cos votos a favor de BNG, CA e PP e a abstención do PSOE.

Cada vez son máis as cidades que teñen códigos tecnolóxicos para contar desde unha aplicación móbil detalles do nome e da historia das rúas, xunto con fotografías e vídeos e isto pode contribuír a mellorar a información que reciben tanto visitantes como residentes. Nalgunhas vilas e cidades instaláronse códigos con tecnoloxía NaviLens, que gañan en accesibilidade, posto que poden ser usados por persoas con discapacidades visual, auditiva, cognitiva ou motriz. Deste xeito, Santiago de Compostela pode usar algúns destes sistemas de tecnoloxía para mellorar a sinalética e dar información sobre o nomenclátor das rúas, como fonte de coñecemento, independentemente de que xa se instalen en monumentos e parques, ademais de servir para a creación de itinerarios turísticos e culturais.

 

Apróbase a iniciativa do BNG para mellorar os espazos públicos do Avío, a Torreira e o Romaño