ECONOMÍA

O BNG advirte de que Santiago é a cidade galega con máis demora no pago a provedores

Goretti Sanmartin
Goretti Sanmartin

Os últimos datos revelan que a media se sitúa en 56 días, fóra do prazo legal dos 30 días que corresponden

O BNG advirte de que Santiago é a cidade galega con máis demora no pago a provedores

O Goberno local do PSOE continúa a ralentizar o funcionamento da xestión municipal, o que prexudica a economía local

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2023.- O grupo municipal do BNG advirte dos últimos datos publicados sobre o período medio de pago a provedores/as que sitúan Santiago de Compostela en 56 días, a peor das cidades galegas en canto á axilidade na xestión.

Para Goretti Sanmartín, portavoz do BNG, este dato obxectivo evidencia que “o Goberno local do PSOE continúa a ralentizar o funcionamento da xestión municipal, o que prexudica a economía local pola demora en cobrar da administración os pequenos e medianos provedores de obras e servizos que contratan co Concello de Santiago”.

“Urxe aplicar outro modelo que acelere o tempo de pagamento, pois o límite legal está en 30 días e o Concello de Santiago de Compostela paga a 56 días de media”, explicou. Isto significa que a xestión de Bugallo nestes case catro anos de mandato non conseguiu pagar en tempo e forma, coas consecuencias negativas que isto ten para a economía local.

 

O BNG advirte de que Santiago é a cidade galega con máis demora no pago a provedores