INSTITUCIONAL

O BNG anima a veciñanza a pendurar bandeiras galegas con motivo da celebración do 25 de xullo

bng
bng

Reclama a publicación dun bando municipal coa declaración do 25 de xullo como Día da Patria Galega

O BNG anima a veciñanza a pendurar bandeiras galegas con motivo da celebración do 25 de xullo

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2019.- O BNG anima a veciñanza de Santiago de Compostela a pendurar bandeiras galegas nas fiestras, galerías e balcóns durante as festas, co fin de engalanar a capital de Galiza con simboloxía do noso país. Ademais, proponlle ao alcalde que redacte un bando municipal coa declaración do Día da Patria e que o propio Concello de Santiago reparta bandeiras galegas.

Santiago de Compostela é punto de encontro das celebracións e reivindicacións do 25 de xullo, Día da Patria Galega, ao congregar milleiros de persoas na manifestación que percorre as rúas da capital de Galiza para reclamar os seus dereitos como pobo e tamén para festexar este día nacional. Ademais, isto contribúe a que os milleiros de visitantes que recibe Santiago de Compostela nestas datas poidan coñecer que están na capital de Galiza, que posúe unha simboloxía, cultura, territorio e lingua de seu.

Así, para o BNG cómpre a publicación dun bando municipal coa declaración do 25 de xullo como Día da Patria Galega, para animar a participar nesta xornada.

 

O BNG anima a veciñanza a pendurar bandeiras galegas con motivo da celebración do 25 de xullo