PLENO

O BNG apoia a distribución dos remanentes e reclama que se axilice o pagamento da débeda a asociacións, clubs e empresas

pazo de Raxoi
pazo de Raxoi

Apróbase a proposición do BNG para realizar melloras no barrio de Figueiras

O BNG apoia a distribución dos remanentes e reclama que se axilice o pagamento da débeda a asociacións, clubs e empresas

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2022.- O BNG apoia a distribución do reparto de remanentes de tesouraría de 2021 que inclúen as propostas achegadas para cubrir necesidades de barrios e parroquias por un importe de 4.926.503 euros. Conseguíronse incorporar fondos para a creación da sala de usos múltiples da Rocha, o parque do Avío, as obras de reurbanización de Mallou, A Nogueira, A Pastoriza, de accesibilidade de Vista Alegre e de seguranza viaria na Gracia. A estas cuestións únense diversas actuación nos barrios de Sar e Conxo xunto co proxecto de humanización do Restollal, a sinaléctica informativa da toponimia do ámbito rural e o compromiso coa Praza de Abastos.

Ademais, Goretti Sanmartín, aproveitou na súa intervención para demandar que o Concello pague o que debe a provedores, asociacións, clubs e pequenas e medianas empresas canto antes. Unha vez recoñecida polo Goberno a demora inxustificada nos pagamentos das subvencións de Cultura e Deporte especialmente, o alcalde comprometeuse a incluír o anticipo de pago nas convocatorias do ano 2022.

Na seguinte sesión plenaria, correspondente ao Pleno adiado do mes de xuño, aprobouse a proposición do BNG coas demandas da veciñanza de Figueiras para a realización de compromisos pendentes do Goberno local relativos a obras de seguranza viaria, á paralización das obras nas instalacións deportivas e á falta de iluminación pública. Inclúese a mellora da seguranza viaria mediante a pavimentación do tramo que vai desde a papeleira de Brandia ata Marmancou, con fochancas de grandes dimensións situadas nunha curva e cambio de rasante.

En canto á senda peonil desde o Carme de Abaixo a Figueiras, que foi aprobada en 2019, está pendente de execución pola necesidade de cesión dunha parcela do Consorcio da Cidade de Santiago para poder licitar o proxecto. Tamén piden que se retome a obra nas instalacións deportivas do campo da festa, financiadas pola Deputación da Coruña, que se iniciou en abril do 2019 cun prazo de execución 4 meses. Desde esa data, a veciñanza non pode facer uso desas instalacións para practicar deporte. Tamén inclúe a reposición da iluminación desde Codesedas, Xulacasa e ata a igrexa.

Esta proposición para as melloras en Figueiras aprobouse cos votos a favor de BNG, CA e PP; o PSOE abstívose.

 

O BNG apoia a distribución dos remanentes e reclama que se axilice o pagamento da débeda a asociacións, clubs e empresas