ACTO PÚBLICO

O BNG chama a participar no acto público en lembranza da Revolución Galega de 1846 e os Mártires de Carral

acto público aniversario da revolución galega de 1846 mártires de carral
acto público aniversario da revolución galega de 1846 mártires de carral

Será o venres 22 de abril ás 11:30 na Libraría Couceiro e contará con Suso de Toro, Lucho Penabade, Goretti Sanmartín e Navia Rivas  

O BNG chama a participar no acto público en lembranza da Revolución Galega de 1846 e os Mártires de Carral

Santiago de Compostela, 21 de abril de 2022.- O BNG de Santiago organiza un acto público para conmemorar a Revolución Galega de 1846 e os Mártires de Carral. Este evento, que contará con Goretti Sanmartín, Navia Rivas, o escritor Suso de Toro e o actor Lucho Penabade, será o venres 22 de abril ás 11:30 na libraría Couceiro, situada na praza de Cervantes de Santiago de Compostela.

Deste xeito, o BNG reivindica un ano máis a memoria dos Mártires de Carral, loitadores pola liberdade da Galiza e xermolo da conciencia do nacionalismo galego contemporáneo, nun evento en que se destacará o papel de Antolín Faraldo no 200 aniversario do seu nacemento e sobre o que o BNG levou a Pleno unha iniciativa para celebrar como merece o levantamento de 1846 para recordar este feito histórico.

Antolín Faraldo foi o autor da proclama para a constitución da Xunta Provisional do Goberno de Galiza e pertence á primeira xeración que abrazou a idea de concibir este país como un proxecto político e que evolucionou ao que logo foron o Rexurdimento, as Irmandades da Fala, o Partido Galeguista e o nacionalismo galego contemporáneo.

 

O BNG chama a participar no acto público en lembranza da Revolución Galega de 1846 e os Mártires de Carral