DÍA DA PATRIA

O BNG convoca a marcha do Día da Patria Galega

Cartaz do Día da Patria
Cartaz do Día da Patria
Con conexión en directo coa praza da Quintana de Santiago de Compostela desde as cidades galegas
O BNG convoca a marcha do Día da Patria Galega

O sábado 25 de xullo sairá unha marcha ás 12:00 h. da Alameda con remate na praza da Quintana cun acto político, coas intervencións da portavoz nacional Ana Pontón, do secretario xeral de Galiza Nova Paulo Ríos e da deputada electa Iria Carreira.

Os actos están organizados tendo en conta as medidas de seguranza sanitaria derivadas da prevención da covid-19 e contarán só con militantes e simpatizantes da zona, xa que este Día da Patria se celebra de xeito descentralizado nas cidades galegas con conexión en directo coa praza da Quintana de Santiago de Compostela.

O BNG convoca a marcha do Día da Patria Galega