MOBILIDADE

O BNG reclama que se arranxen as marquesiñas de autobús do rural

Marrozos
Marrozos
En Marrozos e no Eixo están cheas de maleza, rotas e faltas de limpeza
O BNG reclama que se arranxen as marquesiñas de autobús do rural

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2020.- O grupo municipal do BNG recolleu queixas da veciñanza de distintas parroquias do rural onde hai marquesiñas inutilizábeis por estaren cheas de maleza, rotas e faltas de limpeza e, para corrixir esta situación de abandono, trasladará unha petición ao próximo Pleno para que se arranxen ou substitúan por outras novas.

“Diversas marquesiñas do rural compostelán están nunha situación de deterioro e falta de limpeza que impide a súa utilización, tanto pola vexetación que invade o seu acceso como polas cubertas rotas polas que se filtra a auga cando chove, ademais de non dispoñeren da zona do banco en boas condicións para sentar nos tempos de espera polo autobús urbano”, explicou a concelleira do BNG Navia Rivas.

Segundo sinalou, as marquesiñas son elementos necesarios para facilitar o uso do transporte público colectivo e, especialmente, nas zonas do rural onde non hai boas frecuencias de paso nin paneis horarios para coñecer o tempo de agarda. “En Marrozos e no Eixo, por poñer dous exemplos, cómpre que se acondicionen estas instalacións que son indispensábeis para contribuír a mellorar o uso dos autobuses”, sinalou Navia Rivas.

O BNG reclama que se arranxen as marquesiñas de autobús do rural