ORGANIZACIÓN

O BNG estudará a proposta inicial do alcalde na Xunta de portavoces para o Pleno de organización municipal

BNG
BNG

“Hai cuestións de flocos para acabar de fixar”, explicou Goretti Sanmartín

O BNG estudará a proposta inicial do alcalde na Xunta de portavoces para o Pleno de organización municipal

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2019.- A portavoz municipal do BNG, Goretti Sanmartín Rei, manifestou ao remate da Xunta de portavoces que estudará a proposta inicial do alcalde sobre as dedicacións exclusivas, persoal asesor e representación dos grupos políticos nas comisións e organismos.

“O BNG mantense nos termos que tiña até agora, a pesar de ter un número de incremento de votos, o número de concelleiras é o mesmo, e o que se propón é fixar o que había na etapa anterior para non crear unha distorsión desde o punto de vista orzamentario”, explicou Goretti Sanmartín.

“Parécenos que hai algunhas modificacións na proposta das comisións, mais no que se refire ao Bloque Nacionalista Galego é unha proposta ponderada que ten lóxica”, sinalou a portavoz.

O BNG vai coa idea de que neste Pleno de Organización do 28 de xuño “hai que facilitar as posibilidades de que poida haber un goberno que traballe, que funcione e que solucione os problemas da veciñanza” e tamén de facilitar os medios aos grupos da oposición “para que fagan o seu labor de control e de fiscalización”.

Entende que a proposta que se fai ten que mellorar para garantir iso e aínda “hai cuestións de flocos para acabar de fixar, polo que aínda está por valorar a nivel local por parte do BNG”.

O BNG estudará a proposta inicial do alcalde na Xunta de portavoces para o Pleno de organización municipal