DÍA DO LIBRO

O BNG fai un percorrido por librarías para celebrar o Día do Libro

Día do Libro
Día do Libro
Goretti Sanmartín comprométese con este sector con medidas para potenciar a lectura e a adquisición de publicacións
O BNG fai un percorrido por librarías para celebrar o Día do Libro

Santiago de Compostela, 21 de abril de 2023.- Goretti Sanmartín, acompañada da candidatura do BNG, percorreu librarías de Santiago de Compostela no Día do Libro, “unha celebración especial para apoiar a edición e o libro en galego”.

“Desde o BNG tamén queremos transmitir o compromiso con este sector e para potenciar que se merquen máis libros para os centros socioculturais, bibliotecas municipais, asociacións veciñais e mesmo para agasallos institucionais”, explicou.

Ademais, Goretti Sanmartín quere que nas actividades organizadas durante todo o ano para difundir o libro galego, o Concello teña presenza e faga un apoio explícito.

“Con ese compromiso e co compromiso de continuarmos a ler para sermos persoas máis libres e máis críticas, facemos este percorrido polas librarías de Santiago de Compostela neste día especial, 23 de abril, Día do Libro”, explicou.

 

 

O BNG fai un percorrido por librarías para celebrar o Día do Libro