URBANISMO

O BNG insiste, máis unha vez, na necesidade de chegar a un acordo a respecto do futuro da parcela de Peleteiro

BNG
BNG

Goretti Sanmartín:  “O proxecto do Peleteiro ten que ser un elemento de dinamización principal, conseguir entroncar a viabilidade comercial desta zona do Ensanche e causarlles os menores prexuízos posíbeis á veciñanza próxima a onde se vai edificar”

O BNG insiste, máis unha vez, na necesidade de chegar a un acordo a respecto do futuro da parcela de Peleteiro

Solicita do Goberno local que traballe para conseguir a maior apertura posíbel cara a rúa República Arxentina e a menor afectación posíbel á veciñanza

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2022.- A portavoz municipal Goretti Sanmartín insiste, máis unha vez, na necesidade de chegar a un acordo a respecto do futuro da parcela de Peleteiro. “Levamos moito tempo traballando en sentido positivo, intentando buscar o maior consenso e a menor afectación á veciñanza, para un soar  que non pode seguir a deteriorarse, como acontece noutros como o vello hospital das Galeras”, indicou. “Non pode ser un proxecto que fique aí e que non saia adiante transcorridos anos e anos”, engadiu.

Nas cuestións que se debaten na actualidade, o BNG defendeu no seu momento, xunto coa veciñanza, que o proxecto resultante ten que causar os menores problemas posíbeis, ser un elemento de dinamización principal, conseguir entroncar a viabilidade comercial desta zona do Ensanche e causarlles os menores prexuízos posíbeis á veciñanza próxima a onde se vai edificar.

“Por iso”, explicou, “desde o BNG solicitamos que a apertura cara a rúa República Arxentina fose a maior posíbel e esa é unha cuestión que queremos insistir, para que o Goberno local traballe con ese propósito, para podermos ter finalmente un proxecto que teña un apoio maioritario do conxunto das forzas que conforman o Pleno municipal e que poidan ser unha realidade porque o que sería terribel e moi complicado para o conxunto de veciños e veciñas de Santiago de Compostela é que iso fique aparcado e aínda haberá anos por diante antes de termos unha resolución inicial para esa parcela”.

Por tanto, o BNG solicita do Goberno local “que traballe para conseguir a maior apertura posíbel cara a rúa República Arxentina e a menor afectación posíbel ao conxunto da veciñanza”.

 

 

O BNG insiste, máis unha vez, na necesidade de chegar a un acordo a respecto do futuro da parcela de Peleteiro