PLENO

O BNG insta ao Concello a facer as xestións necesarias para cobrarlle ás empresas polo paso dos tendidos eléctricos

alta.tension
alta.tension

O Tribunal Supremo avala nunha sentenza que deben aboar estas taxas pola utilización de solo de dominio público

O BNG insta ao Concello a facer as xestións necesarias para cobrarlle ás empresas polo paso dos tendidos eléctricos

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2017.- O grupo municipal do BNG trasladará ao vindeiro Pleno unha iniciativa para facer as xestións necesarias destinadas a que o Concello de Santiago poida recadar das empresas eléctricas o importe das taxas correspondentes pola utilización de solo de dominio público para o tendido de baixa, media ou alta tensión instalado. De ser necesario, mesmo reclama que o Goberno local revise as ordenanzas fiscais para incluír ese concepto nos termos da sentenza do Tribunal Supremo que así o avala.

A cota a pagar sitúase entre 3.000 euros e 12.000 euros por metro lineal segundo o tipo de tensión -baixa, media ou alta-. No que respecta ao gas, oscila entre os 500 euros e os 4.000 euros.

O Tribunal Supremo vén de avalar nunha sentenza que os concellos graven as empresas eléctricas e de gas pola utilización do dominio público das súas instalacións de transporte de enerxía, cun cálculo que excede o valor catastral dos terreos e que inclúe a súa utilidade. Así o estabeleceu en cinco sentenzas que sentan doutrina e pechan un longo enfrontamento entre municipios e compañías, que se negaban a pagar estas taxas.

Estes fallos, contrarios a Unión Fenosa, Gas Galicia e Red Eléctrica, e con impacto directo no resto do sector, requiren que as ordenanzas fiscais inclúan unha taxa por utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local das instalacións de transporte de enerxía eléctrica, gas, auga e hidrocarburos. Ademais, valórase o solo ocupado como se esas liñas e canalizacións se tratasen de construcións a efectos de calcular a base impoñíbel da taxa.

A Lei Reguladora das Facendas Locais estabeleceu en 2004 que as empresas eléctricas, de gas, de auga e hidrocarburos están obrigadas a pagar unha taxa fixada por un informe técnico-económico por atravesar os municipios aínda que non os subministren. Aínda así, as empresas non aboaron por cruzar coas instalacións os termos municipais.

O BNG insta ao Concello a facer as xestións necesarias para cobrarlle ás empresas polo paso dos tendidos eléctricos