MEDIO AMBIENTE

O BNG pide a comparecencia do concelleiro de Medio Ambiente pola sanción europea por falta de depuración das augas vertidas ao Sar

Río Sar
despois.depuradora.silvouta

Reclamará explicacións das medidas de urxencia previstas para reducir a contaminación e mellorar os ecosistemas acuáticos do río Sar

O BNG pide a comparecencia do concelleiro de Medio Ambiente pola sanción europea por falta de depuración das augas vertidas ao Sar

Santiago de Compostela, 7 de decembro de 2016.- O BNG solicita a comparecencia en Pleno do concelleiro de Medio Ambiente, Xan Duro, para dar conta do apercibimento de sanción do Tribunal de Xustiza da UE ao Estado español, estimado en 46,5 millóns de euros, pola falta de depuración de augas residuais urbanas vertidas en 37 cidades, entre elas Santiago de Compostela. Neste sentido, Rubén Cela reclamará explicacións ao Goberno de Compostela Aberta das medidas de urxencia previstas para reducir a contaminación e mellorar os ecosistemas acuáticos do Sar.

En concreto, esta sanción vén motivada pola falta de tratamento de residuos líquidos, ao considerar a Comisión Europea que as augas fecais mal filtradas da estación depuradora de augas residuais da Silvouta son un risco grave para a saúde e o medio ambiente. A capacidade de tratamento desta instalación supera nun 69% a carga de deseño e isto provoca que unha parte significativa do caudal entrante se verta sen depurar completamente, de aí que se incumpran as normativas ambientais.

Ademais, o BNG xa anunciou que condicionará o seu apoio aos Orzamentos municipais de 2017 á inclusión dunha partida específica para a nova depuradora de augas residuais en Santiago de Compostela, dentro da batería de actuacións que elaborou para a negociación co grupo de Compostela Aberta.

O BNG pide a comparecencia do concelleiro de Medio Ambiente pola sanción europea por falta de depuración das augas vertidas ao Sar