TRANSPARENCIA
O BNG pregunta polo modelo de xestión e de contratación do persoal da Casa do Matadoiro
Quere coñecer o concurso arquitectónico para a reforma das instalacións
Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2016.- O grupo municipal do BNG rexistrou unha solicitude de información dirixida ao Goberno local de Compostela Aberta para coñecer o modelo de contratación do persoal que traballa na Casa do Matadoiro, o modelo de xestión e o concurso arquitectónico para a reforma deste centro municipal.
Neste sentido, o BNG mostra a súa preocupación pola evolución das actividades destas instalacións e a falta de reforma interior do inmóbel, toda vez que Compostela Aberta decidiu conservalo e podería integrarse na rede de centros socioculturais.
Deste xeito, en aras da transparencia e para exercer o labor de control do Goberno local, o BNG solicitou diversa información relativa á Casa do Matadoiro para coñecer os procedementos seguidos por parte do equipo de Compostela Aberta.