O BNG pregúntalle ao alcalde pola “oficina municipal de alugueiro” que anunciou o verán pasado

O BNG pregúntalle ao alcalde pola “oficina municipal de alugueiro” que anunciou o verán pasado

Compostela Aberta comprometérase a facilitar vivenda a persoas en situación de despexo e emerxencia social

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2016.- O portavoz do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, pregúntalle ao alcalde, Martiño Noriega, cando ten previsto abrir a oficina de alugueiro que anunciaron hai sete meses como “obxectivo próximo” para darlle solución á bolsa de vivenda baleira e á demanda existente en Compostela.

En xullo de 2015, o concelleiro de Urbanismo Jorge Duarte citou como “obxectivo máis próximo” a creación dunha oficina de alugueiro e “o exercicio dun labor de intermediación”. A iso engadiu, para medio prazo, o impulso de políticas de “nova edificación en aluguer que lles permitan acceder á vivenda ás persoas con máis dificultades".

Deste xeito, o Goberno local de Compostela Aberta comprometeuse “a cambiar as políticas de vivenda", con fórmulas que se poden estabelecer a través do Concello para facer promocións de vivenda de aluguer e políticas de vivenda dirixidas á maioría da poboación", en palabras do responsábel de Urbanismo.

Tamén no programa electoral, o alcalde se comprometeu a facilitar vivenda a persoas en situación de despexo e emerxencia social, en colaboración coa Axencia municipal de vivenda pública, e a dotar unha partida orzamentaria para axudas pagamento hipoteca ou alugueiro a persoas en situación de risco ou exclusión social.

Así, nestes nove meses que transcorreron dende a toma de posesión de Martiño Noriega como alcalde de Santiago de Compostela non se apreciou ningún cambio nas políticas de vivenda.

O BNG pregúntalle ao alcalde pola “oficina municipal de alugueiro” que anunciou o verán pasado