COMERCIO

O BNG propón engadir como localizacións da Prima22 a praza do Toural, rúa Nova, rúa do Vilar e praza da Inmaculada para dinamizar o comercio de proximidade

Goretti Sanmartín Rei
Goretti Sanmartín Rei

“É unha boa noticia que se organice esta festa do comercio local”, indica Goretti Sanmartín

O BNG propón engadir como localizacións da Prima22 a praza do Toural, rúa Nova, rúa do Vilar e praza da Inmaculada para dinamizar o comercio de proximidade

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2022.- O BNG considera unha boa noticia que se organice por terceira vez a festa do comercio local, Prima22, “nun momento importante para dinamizar todos os barrios e as zonas máis comerciais da cidade cun chamamento a que a xente participe, vaia de compras e pasee por Santiago de Compostela”, explicou Goretti Sanmartín.

Nestes percorridos, advirte, hai lugares que é estraño que non aparezan como aparezan como a emblemática praza do Toural, as rúas do Vilar e da rúa Nova ou a praza da Inmaculada. Ademais, lembrou que nesta última localización, na praza da Inmaculada, houbo un compromiso despois dunha iniciativa do BNG para facer actividades de dinamización neste espazo en diversos momentos do ano.

“Xustamente, cando vai haber actividades que van percorren os distintos barrios para favorecer o consumo nos comercios de proximidade non entendemos que se exclúa este espazo despois, ademais, dunha petición dunha nova asociación de comerciantes como Porta Norte Compostela, que non se ten en conta neste programa”, engadiu.

Para o BNG é unha boa noticia que volva haber esta festa, mais hai que corrixir o percorrido das actividades e que se engadan localizacións na praza do Toural, na rúa do Vilar, na rúa Nova e na praza da Inmaculada, xunto cunha revisión dos espazos onde debería haber actividades de dinamización comercial.

 

O BNG propón engadir como localizacións da Prima22 a praza do Toural, rúa Nova, rúa do Vilar e praza da Inmaculada para dinamizar o comercio de proximidade