PLENO

O BNG propón a instalación dunha placa en memoria das vítimas de represión franquista que estiveron na cadea de San Isabel, en Galeras

Cadea de Santa Isabel, en Galeras
Cadea de Santa Isabel, en Galeras

Goretti Sanmartín lembra que aínda está pendente a inscrición no aeroporto para lembrar o campo de concentración da Lavacolla

O BNG propón a instalación dunha placa en memoria das vítimas de represión franquista que estiveron na cadea de San Isabel, en Galeras

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2021.- O BNG trasladará ao Pleno unha proposta da Plataforma de Galeras para instalar, ao abeiro da Comisión especial de Memoria Histórica recentemente constituída, unha placa cunha fotografía do edificio da cadea de Santa Isabel en memoria de milleiros de presos e vítimas de represión franquista que estiveron alí entre 1939 e 1946.

“O grupo municipal do BNG recibiu unha petición veciñal da Plataforma de Galeras sobre a necesidade de lembrar a poboación reclusa na prisión de Santa Isabel”, explicou Goretti Sanmartín, portavoz municipal do BNG.

O cuartel militar de Santiago construíuse no século XVIII e funcionou até 1925, cando se transformou en prisión e, logo do golpe de Estado adquiriu o rango de Prisión Central entre 1939 e 1946, cunha media de 1500 reclusos durante os primeiros anos, a maioría presos políticos procedentes doutros lugares do Estado.

Segundo explicou Goretti Sanmartín, o 27 de abril creouse a Comisión especial de memoria histórica, a raíz dunha proposta do grupo municipal do BNG, á que trasladará esta petición para lembrar as vítimas da represión franquista que estiveron na prisión de Galeras.

Ademais, sinalou que está pendente “a instalación doutra placa no aeroporto de Santiago - Rosalía de Castro, en lembranza das persoas que traballaron no campo de concentración da Lavacolla”, que xa fora aprobada en Pleno.

O BNG propón a instalación dunha placa en memoria das vítimas de represión franquista que estiveron na cadea de San Isabel, en Galeras