PLENO
O BNG propón a instalación de luminarias de baixo consumo nos roteiros e parques públicos
Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2019.- A concelleira Navia Rivas defenderá unha iniciativa no Pleno para a instalación dun sistema de iluminación de baixo consumo nos camiños dos roteiros e dos parques durante o inverno á noitiña.
Santiago de Compostela dispón de diversos roteiros que son realizados de xeito regular por parte da veciñanza como unha práctica saudábel mais, durante os meses de inverno cando se acurtan os días, a falta de iluminación supón un problema para transitar por estes camiños e mesmo polos parques públicos pola falta de visibilidade que supón, explicou a concelleira.
Neste sentido, o BNG reclamará no vindeiro Pleno a instalación dun sistema de iluminación de baixo consumo nos roteiros máis transitados para darlles visibilidade aos camiños.