SEGURANZA

O BNG reclama que se aplique un plan de seguranza para evitar caídas co xeo

BNG
BNG
Recibiu queixas da veciñanza polas caídas rexistradas en diversos puntos da cidade
O BNG reclama que se aplique un plan de seguranza para evitar caídas co xeo

Santiago de Compostela, 5 de xaneiro de 2021.- O grupo municipal do BNG recibiu diversas queixas da veciñanza sobre a falta de previsión de Goberno local ante as baixas temperaturas que están a provocar a formación de placas de xeo en beirarrúas, estradas, pontes e parques de Santiago de Compostela sen que se adoptasen medidas.

En concreto, zonas como As Cancelas, San Lázaro, Belvís e San Pedro rexistraron incidentes, segundo a información que achegou a veciñanza ao BNG, e na Porta do Camiño mesmo tivo que acudir unha ambulancia pola caída de dúas mulleres maiores que esvararon coa xeada nas beirarrúas.

Deste xeito, o BNG urxe ao alcalde a aplicar un plan de seguranza para evitar caídas co xeo e coa xeada que supoñen un perigo para as persoas que transitan polos parques e polas rúas compostelás ante as baixas temperaturas desta época.

O BNG reclama que se aplique un plan de seguranza para evitar caídas co xeo