OBRAS

O BNG reclama o arranxo das pontes de Busto e de Marrozos

Goretti Sanmartín Rei
Goretti Sanmartín Rei

É necesario pavimentar tamén a rede viaria desde Vidán ás Moas de Abaixo, que ten fochancas de grandes dimensións

O BNG reclama o arranxo das pontes de Busto e de Marrozos

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2023.- O BNG defenderá no Pleno unha iniciativa para que o goberno local realice os labores de arranxo e mantemento das pontes de Busto e de  Marrozos, ademais das melloras de seguranza viaria no relativo á pavimentación nestes lugares e desde Vidán ás Moas de Abaixo.

A asociación veciñal de Busto trasladou a necesidade do arranxo das pontes nas aldeas de Barcavella, Ponte da Coba e no Castro, ademais de medidas de sinalización nos cruces de estradas e de pavimentación para mellorar a seguranza viaria.

Na mesma liña, a veciñanza de Marrozos tamén alertou dos danos causados polo temporal de finais de 2022 que provocaron a rotura da ponte da Capela de Santa Lucía, que aínda permanece sen arranxar transcorridos máis de dous meses.

Esta falta de mantemento tamén é patente en Vidán, polo mal estado en que se encontra a rede viaria desde Vidán ás Moas de Abaixo, con buratos de grandes dimensións.

Desde xeito, o BNG reclámalle ao goberno local que realice os labores de arranxo e mantemento das pontes de Busto e de Marrozos, ademais das obras para mellorar de seguranza viaria no relativo á pavimentación nestes lugares e tamén desde Vidán ás Moas de Abaixo, ante as protestas da veciñanza.

O BNG reclama o arranxo das pontes de Busto e de Marrozos