ENSINO

O BNG reclama unha investigación sobre os abusos sexuais acontecidos nun centro de ensino en Santiago de Compostela

Saíron á luz diversas denuncias e testemuños por parte de persoas que sufriron estas condutas repulsivas cando eran estudantes

O BNG reclama unha investigación sobre os abusos sexuais acontecidos nun centro de ensino en Santiago de Compostela

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2022.- O grupo municipal do BNG, logo dos testemuños directos sobre abusos sexuais acontecidos nun centro de ensino de Santiago de Compostela, reclama que se abra unha investigación para que se depuren as responsabilidades e que estes feitos non queden impunes.

O BNG rexeita os abusos sexuais que están a saír á luz producidos no seo da Igrexa e, neste caso, que afectan tamén a un centro de ensino de Santiago onde xa se produciron diversas denuncias e testemuños por parte de persoas que sufriron estas condutas repulsivas cando eran estudantes.

Deste xeito, reclama que se investiguen estes feitos para que se resolvan xudicialmente e non fiquen impunes, posto que puideron provocar danos psicolóxicos na infancia e na adolescencia a estes estudantes.

“Desde o Concello temos que traballar para conseguir que Santiago de Compostela sexa un espazo libre de abusos e violencia sexual. Non vale mirar para outro lado ou pensar que son cuestións doutro tempo, cómpre enfrontar a realidade e esixir como noutros ámbitos xustiza, verdade e reparación”, afirmou Goretti Sanmartín, portavoz municipal do BNG.

 

 

O BNG reclama unha investigación sobre os abusos sexuais acontecidos nun centro de ensino en Santiago de Compostela