PLENO

O BNG reclama unha liña de autobús á parroquia de Busto e a instalación de novas marquesiñas

Goretti Sanmartín
Goretti Sanmartin

Máis de 200 residentes carecen de transporte urbano nesta parroquia

O BNG reclama unha liña de autobús á parroquia de Busto e a instalación de novas marquesiñas

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2021.-  O BNG traslada ao Pleno a petición da veciñanza para dotar de liña de autobús urbano e marquesiñas en boas condicións a parroquia de Busto.

O BNG recibiu queixas ante a inexistencia de liña de transporte urbano que dea servizo ás máis de 200 persoas residentes nesta parroquia. Así, teñen complicacións para poder desprazarse para realizaren xestións coa administración, ir ao centro de saúde, aos centros de traballo ou de compras, por citar algúns exemplos.

Deste xeito, é necesaria unha reordenación das liñas de autobús para ter, cando menos, unha frecuencia de ida e volta en horarios de mañá e de tarde, que facilite os desprazamentos ás persoas de Busto, xa que na actualidade padecen unha discriminación e gastos económicos extraordinarios por mor desta carencia de servizo público.

A isto súmase o mal estado en que se encontran as marquesiñas, que tamén cómpre revisar cando se poña en marcha a conexión co autobús urbano.

Por estes motivos, o BNG levará unha iniciativa ao Pleno para que o Goberno local do PSOE atenda esta petición veciñal e dote de liña de autobús urbano e marquesiñas en boas condicións á parroquia de Busto.

 

O BNG reclama unha liña de autobús á parroquia de Busto e a instalación de novas marquesiñas