CENTROS SOCIOCULTURAIS

O BNG reclama máis diversidade nas actividades dos centros socioculturais

bng
bng

Veciñanza do centro sociocultural do Romaño trasladou as súas queixas pola falta de variedade nas actividades que se imparten

O BNG reclama máis diversidade nas actividades dos centros socioculturais

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2022.-  No Pleno de maio de 2022 aprobouse unha proposición do BNG con diversas medidas para mellorar os espazos públicos no barrio do Avío, a Torreira e o Romaño, entre as que estaba incrementar a oferta no programa xeral dos centros socioculturais con máis actividades e máis adecuadas para o lecer e a saúde das persoas maiores.

En concreto, a veciñanza reclama máis oferta de cursos destinados ás persoas maiores, con prazas de risoterapia, xerontoterapia e baileterapia, que foi suprimida desde a pandemia.

 

O BNG reclama máis diversidade nas actividades dos centros socioculturais