PLENO

O BNG reclama que se manteña no proxecto da Casa das Máquinas o uso multifuncional compatíbel co espazo para asociacións

Goretti Sanmartin
Goretti Sanmartin
A veciñanza de Galeras reclama dispor dun espazo neste inmóbel para as súas actividades
O BNG reclama que se manteña no proxecto da Casa das Máquinas o uso multifuncional compatíbel co espazo para asociacións

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2021.-  A portavoz municipal do BNG, Goretti Sanmartín, reclámalle ao Goberno local que atenda a petición da veciñanza de Galeras para facer compatíbel o uso da Casa das Máquinas coas necesidades do tecido asociativo.

O Pleno aprobou en 2015 unha iniciativa do BNG para a rehabilitación da coñecida como Casa das Máquinas de Galeras, un dos exemplos de arquitectura industrial de Compostela que se atopaba nun estado de conservación ruinoso. A intención era  convertela nun espazo público, aberto e participativo, que combine os usos multifuncionais que require a asociación veciñal coa recuperación da memoria histórica local, a creación artística e o labor sociocultural.

De feito, este proceso de rehabilitación, contou co 80% de financiamento da Deputación da Coruña con tres liñas de intervención, na carpintería, cuberta e espazo interior, co obxectivo de manter o carácter unitario do proxecto de López de Rego, e coa posibilidade de habilitar este edificio de especiais características para o uso da veciñanza, segundo consta na iniciativa.

Por estes motivos, o BNG formulará unha pregunta para coñecer se o Goberno local vai manter o uso multifuncional e para o asociacionismo que reclama a veciñanza.

O BNG reclama que se manteña no proxecto da Casa das Máquinas o uso multifuncional compatíbel co espazo para asociacións