TRÁFICO

O BNG reclama a regulación e control do estacionamento na rúa Banquete de Conxo

Rúa do Banquete de Conxo
Rúa do Banquete de Conxo

A veciñanza non pode acceder aos garaxes nin circular polas beirarrúas ao estar ocupadas por vehículos varias veces ao día

O BNG reclama a regulación e control do estacionamento na rúa Banquete de Conxo

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2022.- O BNG recibiu queixas da veciñanza da rúa Banquete de Conxo pola falta de regulación das zonas de estacionamento e a proliferación dos coches en dobre fila que impiden a entrada e saída de garaxes.

Segundo explicaron, na rúa Banquete de Conxo á hora de entrada e saída da Casa das Linguas hai numerosos vehículos mal aparcados que ocupan un dos carrís de circulación e as beirarrúas, co que as persoas con mobilidade reducida non poden acceder ás súas vivendas nin aos garaxes dos seus edificios.

Isto representa un problema frecuente, posto que se produce a diario durante varias veces cada xornada e repercute de xeito negativo na veciñanza da zona.

Para o BNG, cómpre unha regulación e control das zonas de estacionamento por parte do departamento de Tráfico nesta rúa como reclama a veciñanza.

 

O BNG reclama a regulación e control do estacionamento na rúa Banquete de Conxo