PLENO

O BNG reclámalle ao alcalde que se reúna coa Ferusa e coas asociacións do rural para decidir as obras prioritarias do POS 2021

BNG
BNG
Goretti Sanmartín proporá no Pleno que a escolla das obras sexa mediante un proceso participativo coa veciñanza
O BNG reclámalle ao alcalde que se reúna coa Ferusa e coas asociacións do rural para decidir as obras prioritarias do POS 2021

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2020.- A portavoz municipal do BNG, Goretti Sanmartín, reclámalle ao Goberno local que se reúna coa Ferusa e coas asociacións do rural para decidir e consensuar cales son as obras prioritarias para incluír no POS 2021, dada a achega importante de 1,6 millóns de euros que fai a Deputación da Coruña para este investimento en Santiago.

O Consello de Relacións Veciñais leva sen convocar desde xaneiro do ano 2019. Ante o proceso de elaboración dos Orzamentos 2021 e das obras que se van incluír no POS 2021 e do pouco interese que teñen de convocar o Consello de Relacións Veciñais, o BNG traslada unha pregunta ao Pleno de decembro para demandar que este proceso sexa participativo.

De feito, os consellos municipais de participación son organismos que foron bastante esquecidos nos últimos anos. No pasado mes de xullo, o BNG trasladou ao Pleno, como noutras ocasións, unha iniciativa para instar a reunilos e a concelleira de Educación contestou que se ían convocar á volta de verán. Mais o certo é que tan só se convocou o de Saúde, cando ante a situación da pandemia da covid poderían servir de asesoramento para adoptar medidas de educación, medio ambiente, persoas maiores, igualdade, turismo e cooperación, entre outros.

 

O BNG reclámalle ao alcalde que se reúna coa Ferusa e coas asociacións do rural para decidir as obras prioritarias do POS 2021