ASOCIACIONISMO

O BNG recuperará as axudas destinadas ás ONG para o desenvolvemento

Reunión coa Coordenadora de ONGD
Reunión coa Coordenadora de ONGD

Goretti Sanmartín destaca o labor da Coordenadora galega de ONGD na loita contra a pobreza, que dá soporte solidario ás persoas que máis o precisan

O BNG recuperará as axudas destinadas ás ONG para o desenvolvemento

Santiago de Compostela, 1 de maio de 2023.- O BNG mantivo un encontro coa directiva da Coordenadora galega de ONG para o desenvolvemento, co obxectivo de contrastar as propostas para o programa de goberno e trasladar o compromiso de convocar axudas para o necesario labor que desempeñan.

Goretti Sanmartín lembrou que nestes últimos anos, ao non se realizaren as convocatorias en tempo, provocouse unha situación que fixo inviábel os habituais programas de cooperación e solidariedade que promoven. “A pésima xestión e a falta de sensibilidade coa cooperación do goberno local socialista impediron que esta coordenadora puidese realizar as súas actividades con normalidade; esta é unha situación que vai mudar a partir do 28M co BNG no Goberno de Santiago”, explicou.

En Santiago de Compostela hai diversas entidades de solidariedade e cooperación con países en desenvolvemento que fan un destacado labor para a loita contra as desigualdades. Santiago, como capital do país, debe dar exemplo en políticas de cooperación internacional, para o que se convocarán axudas con dotación económica para o apoio dos programas das ONGD.

Deste xeito, o BNG comprométese a apoiar programas de intervención comunitaria en lugares de especial problemática social, en colaboración co movemento asociativo, ONG e colexios profesionais, como instrumentos necesarios para loitar contra a pobreza e dar soporte ás persoas que máis o precisan, tendo en conta a falta de cumprimento por parte da Xunta de Galiza das súas obrigas como administración competente na atención social no conxunto do país.

O BNG recuperará as axudas destinadas ás ONG para o desenvolvemento