PATRIMONIO

O BNG reitera a petición para que se repare o cruceiro de Aradas

cruceiro.aradas
Cruceiro de Aradas

Lémbralle ao Goberno local de Martiño Noriega a responsabilidade de protexer, conservar e pór en valor o patrimonio

O BNG reitera a petición para que se repare o cruceiro de Aradas

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2018.- O portavoz do BNG de Santiago, Rubén Cela, reitéralle ao Goberno local a demanda de arranxar o cruceiro situado en Aradas, na Peregrina, de elevado valor patrimonial.

O BNG xa trasladara esta petición da veciñanza en setembro de 2017, mais o equipo de Martiño Noriega non deu resposta, pese a ter a responsabilidade de protexer, conservar e pór en valor o patrimonio.

Un dos cruceiros da parroquia da Peregrina, datado en 1892, foi cedido pola familia propietaria ao Concello de Santiago de Compostela, que procedeu ao seu inventariado e catalogación. Hai varios anos, un camión derrubou o monumento e, dende aquela, a veciñanza realizou diversas reclamacións tanto á entidade municipal como á Xunta para a súa reparación, pois é un exemplar representativo do patrimonio cultural galego.

 

O BNG reitera a petición para que se repare o cruceiro de Aradas