O BNG renova o Consello local e elixe a Xesús Domínguez como responsábel
Durante a asemblea avanzou o programa para o vindeiro trimestre centrado nas reivindicacións sociais e na defensa dos dereitos de Galiza
Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2016.- O BNG renovou o Consello local de Santiago de Compostela cunha listaxe encabeza por Xesús Domínguez e por Concha de la Fuente, que foi aprobada por unanimidade da asemblea. Deste xeito, a organización nacionalista incorpora seis novas persoas do total de 21 a este órgano de dirección local da organización nacionalista.
Entre as persoas que figuran no Consello local, están Rubén Cela, Goretti Sanmartín Rei, Rafael Vilar, Chus Costoia, Marta Domínguez, Manuel Barral, Helena Maio, Odilo G. Carnero, Marcos Payno, Ignacio Louzao, Iria Méndez, Moisés Rivadulla, Lourdes Sesto, Xosé M. Casal, Lorena Tarrío, Rosa Valcárcel, Lois Calvelo, Claudia Quintela e Breixo Diéguez, este último en representación de Galiza Nova. Xesús Domínguez será o responsábel local e Concha de la Fuente, a vicerresponsábel.
No transcurso da asemblea, Xesús Domínguez avanzou as actividades previstas para o vindeiro trimestre, centradas nas reivindicacións sociais e na defensa dos dereitos de Galiza, con charlas contra o imperialismo e os cinco anos de guerra que provocan a crise humanitaria de persoas refuxiadas, o dereito de autodeterminación e a soberanía, alternativas ao actual tratamento de residuos urbanos como a compostaxe e visitas organizadas para dar a coñecer o patrimonio arqueolóxico e cultural de Compostela, entre outras.