O BNG require mellorar a sinalización viaria dos desvíos ocasionados polas obras de Conxo
Rubén Cela insiste en que o Concello debe facerlle seguimento a esta actuación para evitar máis demoras
Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2015.- O grupo municipal do BNG demanda melloras na sinalización viaria dos desvíos motivados polas obras de Conxo, en concreto do que vai cara ao hospital que só dispón dun indicador inicial e carece dos seguintes letreiros necesarios nas bifurcacións.
Deste xeito, o BNG reclama que o Goberno local se preocupe por supervisar a marcha das obras, os compromisos adquiridos coa veciñanza e comerciantes do barrio e mais a correcta sinalización dos desvíos provisionais, posto que son moitos os vehículos que atopan dificultades para chegar ao destino cos cambios introducidos na zona que está mal sinalizada.
Ademais, o grupo municipal nacionalista insiste en facerlle seguimento ás obras de Conxo para evitar máis demoras que prexudican tanto a residentes, como a comerciantes e a persoas que circulan por esta arteria de comunicación a diario, tendo en conta que xa acumulan un atraso importante e as molestias que causan na zona.