PLENO

O BNG rexistra unha moción de urxencia para que o Concello medie con AENA para solucionar o conflito do persoal do aeroporto

folga.aeroporto
folga.aeroporto
O persoal do aeroporto Rosalía de Castro – Lavacolla convocou nova xornada de folga contra os recortes de dereitos laborais, que repercuten na calidade do servizo para persoas usuarias
O BNG rexistra unha moción de urxencia para que o Concello medie con AENA para solucionar o conflito do persoal do aeroporto

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2019.- A portavoz municipal do BNG, Goretti Sanmartín, presentou unha moción de urxencia que trasladará ao Pleno de setembro para que se abra unha negociación coa dirección do aeroporto e o Concello de Santiago actúe de mediador con AENA para solucionar o conflito sobre as necesidades que reclama o persoal do aeroporto Rosalía de Castro – Lavacolla ante os recortes de dereitos laborais, segundo explicou en rolda de prensa.

Deste xeito, explicou que “a dous días de que se produza a terceira xornada de folga non hai avances, nin sequera a posibilidade de sentar nunha mesa, polo que se reclama que o Concello actúe de mediador para evitar o recorte de dereitos laborais sen precedentes cun esquema que AENA non segue nos demais aeroportos e non entendemos a discriminación co de Santiago de Compostela e do conxunto dos seus traballadores e traballadoras”.

O persoal do aeroporto Rosalía de Castro – Lavacolla principiou unha serie de mobilizacións e paros programados para evitar as consecuencias dos recortes de dereitos laborais, que repercuten na calidade do servizo para persoas usuarias.

En concreto, reclaman que se manteña a cantina para as traballadoras e traballadores, o incremento do cadro de persoal acorde ao constante incremento da carga laboral, a denuncia da temporalidade e precariedade nas empresas subcontratadas, o cumprimento da cobertura en horario nocturno, o cese dos recortes no servizo de enfermaría e o abono do aparcadoiro obrigatorio soportado polo persoal.

Estas mobilizacións foron programadas para o 13, 20 e 27 de setembro e están chamadas a secundar o paro as empresas principais, subcontratas e concesionarias, en caso de non chegar a acordo antes.

O BNG rexistra unha moción de urxencia para que o Concello medie con AENA para solucionar o conflito do persoal do aeroporto