PLENO

O BNG de Santiago reclama medidas de protección e divulgación dos taboleiros de xogo que se atopan en lousas da zona histórica

Alquerque en San Martiño Pinario
Alquerque en San Martiño Pinario

Foron elaborados entre o século XVII e XVIII e están presentes en numerosos adros de igrexas, escaleiras e zonas de paso de Compostela

O BNG de Santiago reclama medidas de protección e divulgación dos taboleiros de xogo que se atopan en lousas da zona histórica

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2022.- O BNG Santiago de Compostela reclamará no Pleno de xullo que o Goberno local adopte medidas de protección e de divulgación dos taboleiros de xogo inscritos na pedra, os denominados alquerques, para o seu recoñecemento e valorización, tendo en conta que algúns xa desapareceron coa substitución de lousas na Cidade histórica.

Santiago de Compostela conta con máis de 165 alquerques, taboleiros de xogo gravados en lousas que foron inventariados polo colectivo A Rula, cunha distinción de máis de 20 tipoloxías.

Foron elaborados entre o século XVII e XVIII e están presentes en numerosos adros de igrexas, escaleiras e zonas de paso de Compostela. Ademais, está documentado que se facían campionatos en lugares como a praza das Praterías.

Deste xeito, a portavoz municipal do BNG, Goretti Sanmartín, presentará unha iniciativa no Pleno para que se apliquen medidas de protección e de divulgación destes elementos patrimoniais.

 

O BNG de Santiago reclama medidas de protección e divulgación dos taboleiros de xogo que se atopan en lousas da zona histórica