PLENO

O BNG traslada ao Pleno e ao Parlamento a reclamación das persoas usuarias do centro sociocomunitario da Porta do Camiño para recuperar os servizos pechados durante a pandemia

Goretti Sanmartín con representantes de usuarios/as do centro sociocomunitario da Porta do Camiño
Goretti Sanmartín con representantes de usuarios/as do centro sociocomunitario da Porta do Camiño

Goretti Sanmartín reuniuse con representantes das 250 persoas afectadas

O BNG traslada ao Pleno e ao Parlamento a reclamación das persoas usuarias do centro sociocomunitario da Porta do Camiño para recuperar os servizos pechados durante a pandemia

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2022.- A portavoz do grupo municipal do BNG mantivo un encontro con persoas afectadas polo peche das instalacións do centro sociocomunitario Porta do Camiño, o único destas características da provincia que permanece sen servizo desde o inicio da pandemia.

Goretti Sanmartín trasladará unha iniciativa ao Pleno de febreiro para que o Goberno local inste a Xunta a abrir este centro sociocomunitario, tal como demandan as persoas usuarias, toda vez que rematou o período de confinamento de prevención da pandemia e as concesións dos servizos da cafetaría e do salón de peiteado seguen sen poder retomar as súas actividades. Ademais, anunciou que o BNG presentará unha iniciativa no Parlamento nese mesmo sentido a través da deputada Iria Carreira.

Este centro daba atención a máis de 250 maiores que antes da pandemia da covid-19 dispuñan de salón de xogos, salón de peiteado, sala de rehabilitación, ciber-aula, sala de lectura, cafetaría con servizo de comedor e tamén se organizaban actividades como excursións, bailes, Pilates, actividades para fomentar a memoria, pintura, informática, entre outras, que contaban con grande afluencia.

Ademais, segundo explicaron na reunión co BNG, as persoas maiores usuarias realizaron unha campaña de recollida de sinaturas para reclamar a apertura deste espazo que consideran fundamental para ter un lugar de encontro con actividades adecuadas ás súas necesidades.

 

 

 

O BNG traslada ao Pleno e ao Parlamento a reclamación das persoas usuarias do centro sociocomunitario da Porta do Camiño para recuperar os servizos pechados durante a pandemia