COMERCIO

Campaña do BNG en defensa do pequeno comercio e dos produtos galegos para a compra de agasallos de Nadal

Nadal
Nadal

É tempo para agasallar artesanía, música, libros, xoguetes non sexistas e produtos que se crean no noso país e, polo tanto, redundan na nosa economía

Campaña do BNG en defensa do pequeno comercio e dos produtos galegos para a compra de agasallos de Nadal

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2016.- O BNG iniciou unha campaña de distribución de folletos e carteis en defensa do pequeno comercio de Santiago de Compostela para favorecer a venda de produtos propios e a súa etiquetaxe en galego, coincidindo coa tempada de agasallos de Nadal.

As compras de Nadal constitúen unha boa oportunidade para darlle forma práctica e didáctica á defensa do noso, da Galiza, dos seus sectores produtivos e do comercio propio dende unha perspectiva nacionalista. É tempo para reivindicar artesanía, música, libros, xoguetes non sexistas e unha cantidade de produtos que se crean directamente no noso país e, polo tanto, redundan na nosa economía.

Deste xeito, quérese actuar fronte ao peche de tendas e á perda de postos de traballo por mor da crise económica, agudizados coas medidas de liberalización comercial aprobadas en Madrid e aplicadas aquí polo Goberno de Feijóo.

Ante esta situación que leva a un grave desequilibrio no sector comercial, nos folletos do BNG ao abeiro desta campaña de sensibilización destácase a potencialidade e a calidade dos produtos galegos, como un motor para a dinamización do pequeno comercio local que aposta pola calidade, innovación e especialización.

Campaña do BNG en defensa do pequeno comercio e dos produtos galegos para a compra de agasallos de Nadal