ORDENANZAS MUNICIPAIS

Rubén Cela sinala que coa conxelación de impostos municipais para 2017 se priva á veciñanza de novas bonificacións e exencións fiscais

Reclama que se aplique o cobro fraccionado en 12 meses para aliviar as economías domésticas

Rubén Cela sinala que coa conxelación de impostos municipais para 2017 se priva á veciñanza de novas bonificacións e exencións fiscais

Santiago de Compostela, 2 de xaneiro de 2017.- O portavoz do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, manifestou que coa conxelación das ordenanzas fiscais para 2017, pese a ser positiva, se priva á veciñanza compostelá de obter novas bonificacións e exencións de impostos destinadas a buscar un maior equilibrio socioeconómico.

Cando se aprobaron as ordenanzas fiscais para 2016, lembra Rubén Cela,  “Compostela Aberta pretendía a suba indiscriminada do IBI e do imposto de circulación de vehículos, medidas que non se aprobaron grazas á oposición”.

“Naquela sesión plenaria, comprometéranse a favorecer o pago fraccionado de impostos non só en tres prazos senón en 12 mensualidades, como medida proposta polo BNG para aliviar as dificultades económicas”, explicou. Noutros concellos galegos como A Coruña ou Mos xa existe esta modalidade de pago de impostos á carta que contribúe a darlle flexibilidade ao calendario fiscal.

Deste xeito, o BNG require que o plan de pagamento personalizado non sexa exclusivo para o IBI, senón que se aplique a toda a cesta de impostos municipais. Un ano despois de adoptar este acordo plenario, que xa o BNG levaba anos reclamando, non se produciron avances e será de aplicación o sistema herdado do Goberno local do PP.

Rubén Cela sinala que coa conxelación de impostos municipais para 2017 se priva á veciñanza de novas bonificacións e exencións fiscais