Carlos Callón e Xavier Vence, este mércores no mitin central de Nós Candidatura Galega en Compostela
Proxectaranse vídeos gravados por diversos artistas para a lista que se define como a candidatura do país, a que defende os intereses de Galiza
Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2015.- Nós Candidatura Galega, coalición na que está integrado o BNG, organiza o mitin central de Compostela previsto para o mércores 16 de decembro ás 20:30 horas no Centro Sociocultural de Santa Marta, na Choupana.
Ademais da presenza do cabeza de lista pola Coruña, Carlos Callón, e do portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, intervirán Tereixa Novo, Suso de Toro, Elvira Souto, Natalia Tarela, Encarna Otero e Paula Castenda. Proxectaranse vídeos e haberá unha actuación musical.
Coa forza do noso pobo é o lema da campaña coa que a formación nacionalista concorre ás Eleccións Xerais, que está a ter unha ampla difusión nas redes sociais mediante vídeos que gravaron diversos artistas para a lista que se define como a candidatura do país, a que defende os intereses de Galiza.