FACENDA

Goretti Sanmartín: “A avalancha de solicitudes para o pagamento fraccionado de impostos evidencia que era unha demanda social esta proposta do BNG”

Goretti Sanmartín
Goretti Sanmartín

O Concello tivo que ampliar o prazo de solicitudes polos problemas de funcionamento do teléfono de atención a contribuíntes

Goretti Sanmartín: “A avalancha de solicitudes para o pagamento fraccionado de impostos evidencia que era unha demanda social esta proposta do BNG”

Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2022.- O BNG de Santiago considera que era un clamor a necesidade de ampliación do prazo para a solicitude de fraccionamento do pago dos impostos municipais até o 10 de febreiro, ante a avalancha de persoas que pediron cita para acollerse a esta modalidade.

Goretti Sanmartín lembrou que o fraccionamento do pago de impostos foi unha medida proposta polo BNG, que recibiu unha alta demanda e que mesmo obrigou a estender o prazo de solicitudes tendo en conta que o teléfono de atención a contribuíntes non funcionou. “Trátase dun servizo que está en precario a pesar do compromiso da concelleira de Facenda para estar activo”, engadiu. Tamén a aplicación da administración electrónica para solicitar cita previa non facilitaba datas para antes do 3 de febreiro, o lóxico foi ampliar o prazo, unha cuestión que o BNG demandou á concelleira de Facenda.

“O que queremos constatar é que esta medida que o BNG leva anos trasladando ao Pleno e incluíndose, ano tras ano, nas negociacións dos Orzamentos por fin é unha realidade”, indicou. “Esta é a medida máis social que se pode aplicar desde a administración local e deberíase estender o prazo até 12 meses mais, en todo caso, este fraccionamento en 9 meses é importante”, engadiu.

A avalancha de persoas que reclaman este pagamento a prazos é unha constatación de que é unha medida social e necesaria nestes tempos de crise para aliviar as economías domésticas. “Alegrámonos de que, finalmente, despois de moito esforzo puidese ser unha realidade o pagamento de impostos municipais á carta, como propuxo o BNG desde hai unha década”, indicou Goretti Sanmartín.

 

 

Goretti Sanmartín: “A avalancha de solicitudes para o pagamento fraccionado de impostos evidencia que era unha demanda social esta proposta do BNG”