Goretti Sanmartín comprométese a incluír música, teatro e cinema en portugués na programación festiva e cultural de Compostela

Encontro AGAL
Encontro AGAL

Mantivo un encontro co presidente da AGAL, Eduardo Maragoto, e coa deputada Mercedes Queixas para integrar propostas a favor da lusofonía nos concellos

Goretti Sanmartín comprométese a incluír música, teatro e cinema en portugués na programación festiva e cultural de Compostela

Santiago de Compostela, 20 de abril de 2023.- O BNG coa presenza da deputada Mercedes Queixas e da portavoz municipal de Santiago, Goretti Sanmartín, mantiveron un encontro con Eduardo Maragoto, presidente da AGAL, para valorar as propostas para ter en conta e promocionar o idioma portugués nos concellos. Así, Goretti Sanmartín comprometeuse a incluír música, teatro e cinema en portugués na programación festiva e cultural de Santiago de Compostela.

En concreto, considera que en Santiago as propostas da AGAL que se estabelecen para ámbitos como o institucional, turismo, cultura e lingua son pertinentes, mesmo algunhas delas non teñen custo económico e son de vontade, “simplemente hai que contar co portugués como lingua de relación coas institucións, disponibilizar as páxinas web do Concello tamén en lingua portuguesa, realizar encontros con institucións lusófonas análogas, medidas coas que concordamos e incorporaremos ao programa do BNG para estas eleccións municipais”.

Tamén queremos ampliar a convocatoria para os premios literarios organizados desde o Concello de Santiago á lingua portuguesa e impulsar un plan director de lingua que potencie, entre outros idiomas, o portugués tendo en conta o que significa o Eixo Atlántico nas relacións culturais e comerciais; ademais de que se adquiran libros en lingua portuguesa para as bibliotecas municipais.

 

 

 

Goretti Sanmartín comprométese a incluír música, teatro e cinema en portugués na programación festiva e cultural de Compostela