FESTAS

Goretti Sanmartín cuestiona a falta de diversificación do programa de festas nos barrios e de actividades para a mocidade

Goretti Sanmartín
Goretti Sanmartín

Realizou unha avaliación do contido dos eventos do Apóstolo 2022

Goretti Sanmartín cuestiona a falta de diversificación do programa de festas nos barrios e de actividades para a mocidade

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2022.- A portavoz municipal do BNG, Goretti Sanmartín, realizou unha primeira avaliación do programa da festas do Apóstolo con propostas “dunha maior diversificación nos barrios e dun programa dirixido e ligado directamente á mocidade”, ademais de aproveitar “para desexarlle ao conxunto da poboación de Santiago moi boas festas do Apóstolo 2022.”

Recoñece que no programa presentado polo Goberno local “hai actuacións e presenza importante no ámbito de concertos, cinema e danza; mais existen eivas como a falta de programación específica para os barrios de Santiago, para que estas festas sexan do conxunto de Santiago de Compostela”.

Trátase da necesidade dunha descentralización “que levamos tempo reclamando e que non se produce e non se converte nunha realidade”. Para o BNG, o programa das festas ten que chegar ao Ensanche e a barrios como Santa Marta, Vite, Vista Alegre, Conxo, A Almáciga, por exemplo, “para que sintan que é festa unicamente non indo ao centro, á Cidade histórica ou aos parques”. “Hai que levar as actuacións directamente aos barrios”, indicou, “e iso sería importantísimo para a achegar as festas do Apóstolo á veciñanza”.

Incidiu tamén en que o BNG sempre solicitou que haxa “unha programación específica para a mocidade”, “na adolescencia é máis difícil que haxa actividades institucionais que entronquen cos seus gustos e que poidan facer que esa mocidade se sinta partícipe desas festas”, sinalou.

“Con estas dúas cuestións, coas propostas dunha maior diversificación nos barrios e dun programa dirixido ligado directamente á mocidade, queremos tamén aproveitar para desexarlle ao conxunto da poboación de Santiago moi boas festas do Apóstolo 2022”, explicou a portavoz municipal do BNG.

 

 

 

 

Goretti Sanmartín cuestiona a falta de diversificación do programa de festas nos barrios e de actividades para a mocidade