ELECCIÓNS

Goretti Sanmartín: “É un día moi importante para Santiago, onde se van decidir as políticas para avanzar e ser referente como capital de Galiza”

votacion.goretti26M
Votación Goretti Sanmartín 26M

A candidata exerceu o seu dereito a voto ás 11:00 na Facultade Historia e fixo un chamamento a votar “para abrir unha nova etapa cun futuro mellor para Santiago de Compostela”

Goretti Sanmartín: “É un día moi importante para Santiago, onde se van decidir as políticas para avanzar e ser referente como capital de Galiza”

Santiago de Compostela, 26 de maio de 2019.- A candidata do BNG á Alcaldía de Santiago, Goretti Sanmartín, votou ás 11:00 da mañá na Facultade de Historia, acompañada da portavoz nacional Ana Pontón, de Rubén Cela e de Néstor Rego.

"É un día moi importante para Santiago de Compostela, onde se van decidir cales van ser as políticas que ten que executar o Concello nos próximos anos para mellorar, para conseguir avanzar e para ser ese referente necesario como capital de Galiza”, destacou a candidata.

Deste xeito, realizou un chamamento a santiagueses e santiaguesas a que acudan ás urnas “e o lóxico é que decidan que queira que estea na próxima Corporación do Concello de Santiago e, por tanto, fago un chamamento a que a xente encha as urnas de votos, a que participe e decida para, a partir do 27 de maio, abrir unha nova etapa dun futuro mellor e con esperanza para Santiago de Compostela”.


 

Goretti Sanmartín: “É un día moi importante para Santiago, onde se van decidir as políticas para avanzar e ser referente como capital de Galiza”