CONCILIACIÓN

Goretti Sanmartín: “Fica demostrado que existe unha demanda importante de actividades de conciliación que o PSOE non atende”

Goretti Sanmartin
Goretti Sanmartin
Inscribíronse 402 nenos e nenas cando a oferta se limita a 150 prazas no programa “Mañáns de verán”
Goretti Sanmartín: “Fica demostrado que existe unha demanda importante de actividades de conciliación que o PSOE non atende”

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2021.- O BNG, unha vez coñecida a listaxe de persoas que fixeron a súa inscrición para poder participar no programa “Mañáns de verán” da rede de centros socioculturais entende que “fica máis que demostrado que existe unha demanda importante de actividades de conciliación no concello de Santiago e que o Goberno local do PSOE non está á altura do que nais, pais e familias precisan”, indicou Goretti Sanmartín, portavoz municipal do BNG.

“Nin está á altura no programa ofertado, que non é un programa educativo nin de conciliación, nin no número de prazas onde superan as 400 persoas que optaron a participar cando unicamente se ofertaron 150 prazas”, explicou.

“É unha auténtica vergoña, como vimos denunciando desde o BNG, que non exista unha planificación que cubra todo o ano, que se saiba co tempo suficiente e teña prezos asequíbeis”, sinalou.

Para o BNG resulta “inaudito” que a capital de Santiago, que debera ser vangarda en políticas de conciliación non conciba como un dereito de nais e pais, fundamental nestas épocas con tantos problemas económicos derivados da pandemia da covid-19 e para outras asociacións, realizar as actividades cumprindo todos os protocolos. O xeito de actuar do PSOE no Goberno local rompe o dereito de acceso universal ao servizo de conciliación.

O BNG esixe que haxa unha rectificación e unha planificación cun modelo de actividades de conciliación para todo o ano e para as convocatorias de cada período vacacional, que se saiba con tempo suficiente e que teña unha oferta adecuada ás necesidades de Santiago de Compostela.




 




 

Goretti Sanmartín: “Fica demostrado que existe unha demanda importante de actividades de conciliación que o PSOE non atende”