ELECCIÓNS

Goretti Sanmartín: “A instalación de internet de banda larga na Cidade Histórica será unha prioridade para o BNG”

Goretti Sanmartín
Goretti Sanmartín

O BNG defende un modelo que aposte por facilitar o incremento de persoas residentes e comercio aberto durante todo o ano neste enclave

Goretti Sanmartín: “A instalación de internet de banda larga na Cidade Histórica será unha prioridade para o BNG”

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2019.- A instalación de internet de banda larga na Cidade histórica será unha das prioridades do seguinte mandato municipal para o BNG, segundo anunciou a candidata á Alcaldía Goretti Sanmartín, ante os datos de perda de residentes e de peche de comercios.

A falta de acceso a novas tecnoloxías é unha das principais eivas para poder asentar poboación e pequeno comercio na Cidade Histórica, que sofre a carencia deste servizo básico para poder desenvolver a vida cotiá e a prosperidade de determinados negocios na actualidade.

Para o BNG, é imprescindíbel axilizar o soterramento de servizos básicos e internet de banda larga na Cidade Histórica para mellorar a habitabilidade, a estética e a seguranza co fin de eliminar as instalacións aéreas que afean o conxunto patrimonial. De feito, levara unha iniciativa ao Pleno de abril de 2018 neste sentido mais non se coñecen avances desde aquela por parte do Goberno de Compostela Aberta, o que supón un lastre para a revitalización urbana deste espazo.

O BNG defende un modelo que, de xeito progresivo, aposte por facilitar o incremento de persoas residentes durante todo o ano na Cidade Histórica, para o que é necesario contar con axudas públicas para a restauración de vivendas e locais comerciais en desuso, co fin de dotar de servizos acordes á actualidade para recuperar a vida nos edificios deshabitados e nas rúas que perderon a actividade neste enclave.

Goretti Sanmartín: “A instalación de internet de banda larga na Cidade Histórica será unha prioridade para o BNG”